OKK Beograd
OKK Beograd | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Omladinski košarkaški klub Beograd |
Liga | KLS |
Alcume | Klonferi |
Fundación | 1945 |
Historia | KK Metalac (1945–1950) KK BSK (1950–1958) |
Cores | Azul, branco |
Presidente | Aleksa Milošević |
Adestrador | Vule Avdalović |
Localización | |
Cidade | Belgrado, Serbia |
Pavillón | Sportski centar Šumice |
Capacidade | 2 000 |
Inauguración | 1974 |
Campionatos | |
Liga | 4 (1958, 1960, 1963, 1964) |
Copa | 3 (1960, 1962, 1993) |
okkbeograd.org.rs |
O Omladinski košarkaški klub Beograd (en serbio cirílico: Омладински кошаркашки клуб Београд, Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado), máis coñecido como OKK Beograd, é un club profesional de baloncesto serbio con sede na cidade de Belgrado. Actualmente xoga na Košarkaška liga Srbije (KLS), a máxima categoría do baloncesto serbio. Fundando en 1945, o equipo xoga os seus partidos como local no Sportski centar Šumice, un pavillón inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores. Entre os seus títulos destacan catro Ligas e tres Copas de Iugoslavia.
Historia
[editar | editar a fonte]O Omladinski košarkaški klub Beograd, é dicir, o Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado, nace en 1945, pouco despois de finalizar a segunda guerra mundial. Ese mesmo ano comezaron o seu camiño outros dous clubs de prestixio da cidade de Belgrado: o Crvena zvezda (Estrela Vermella) e o Partizan. O club, que nace co nome de KK Metalac, xorde por iniciativa do Sindicato de Traballadores do Metal de Iugoslavia (Klonfera). En 1946, na súa primeira participación na Liga iugoslava, lograron a sexta posición.[1]
En 1950 o club mudou o seu nome a KK BSK (Belgrado Sports Club), apelativo que manteñen até 1958 cando xa adquiriron a súa actual denominación. Estes anos foron o momentos máis difíciles do club, xa que non contaban con recursos e tiñan que xogar ao aire libre. Porén, en 1958 comeza a "era dourada" do club cunha xeración de xogadores entre os que estaban Radivoj Korać, Slobodan Gordić, Bogomir Rajković, Trajko Rajković, Miodrag Nikolić ou Milorad Erkić, dirixidos desde o banco por Borislav Stanković e Aleksandar Nikolić. En menos dunha década, o OKK Belgrado conseguiu catro ligas de Iugoslavia (1958, 1960, 1963 e 1964), así como dous trofeos de Copa (1960 e 1962). Nese mesmo período de tempo o club conseguiu chegar ás semifinais da Copa de Europa en tres ocasións, mais viron cortado o seu camiño á final en 1959 polo Academic Sofia, en 1964 polo Spartak Brno e en 1965 polo Real Madrid.
Pasados os anos gloriosos, os seus resultados caeron en picado. Porén, atinxiron a final da Copa Korać en 1972, na que perderon antre outro equipo iugoslavo, o KK Cibona, coñecido entón como KK Lokomotiva. Tiveron que pasar vinte e un anos até conseguir un novo triunfo, a copa de 1993.[1] Desde o ano 2006 o OKK Beograd compite regularmente na liga serbia. O 14 de xuño de 2018, o club asinou un acordo de cooperación co Mega Basket.[2]
Pavillón
[editar | editar a fonte]Desde o ano 2016 o OKK Beograd posúe un pavillón propio. Situado no barrio de Palilula, ao norte de Belgrado, recibe o nome de Hala Radivoj Korać Hall. Con todo, segue a xogar os seus partidos de Liga no Sportski centar Šumice, recinto inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores.
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campións (4): 1958, 1960, 1963, 1964
- Subcampións (1): 1962
Copa de Iugoslavia
- Campións (3): 1960, 1962, 1993
- Subcampións (1): 1959
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Radivoje Ostojić
- Prvulović
- Miroljub Denić
- Ratko Kašanin
- Pavle Kostić
- Aleksandar Hristić
- Bogdan Dimitrijević
- Mihajlo Kladarin
- Slobodan Nešić
- Ljubomir Lučić
- Aleksandar Nikolić
- Milan Tošić
- Bane Stanković
- Milorad Erkić
- Bogomir Rajković
- Marko Marković
- Radmilo Mišić
- Radovan Radović
- Slobodan Gordić
- Radivoj Korać
- Dragutin Tošić
- Miodrag Nikolić
- Brunislav Pavelić
- Trajko Rajković
- Sreten Savić
- Ljubiša Stanković
- Milorad Ivačković
- Miloš Bojović
- Zvonimir Petričević
- Momčilo Pazman
- Zoran Marojević
- Kosta Grubor
- Bogdan Tanjević
- Blaž Kotarac
- Branislav Tomić
- Žarko Knežević
- Milovan Simendić
- Rajko Žižić
- Blažo Stojanović
- Đorđe Bosnić
- Zoran Gavrilović
- Sreten Đurić
- Nebojša Nikolić
- Budimir Marojević
- Goran Ristanović
- Stanislav Bizjak
- Dragan Vulić
- Dušan Zupančič
- Zoran Radović
- Branko Vukićević
- Mile Stanković
- Milan Mlađan
- Danko Cvjetičanin
- Zoran Sretenović
- Đurica Stan
- Zoran Jovanović
- Pavle Živanović
- Miroslav Nikolić
- Vitomir Dragović
- Nebojša Mihajlović
- Vladimir Jokanović
- Aleksa Milosević
- Dragan Todorić
- Antun Karaman
- Zoran Tomić
- Predrag Bojić
- Vladeta Milovanović
- Andrija Lazović
- Vladan Živković
- Branislav Vićentić
- Slobodan Nikolić
- Predrag Bogosavljev
- Vladimir Kuzmanović
- Ivan Krasić
- Slobodan Kocić
- Slobodan Šljivančanin
- Nebojša Zorkić
- Nenad Trunić
- Slaviša Koprivica
- Milan Preković
- Božidar Vukazić
- Miroljub Mitrović
- Aleksandar Avlijaš
- Žarko Vučurović
- Momčilo Lavrnić
- Vojislav Gojnić
- Vladimir Micov
- Kimani Ffriend
- Paul Henare
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Историјат". okkbeograd.org.rs. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2018.
- ↑ "Mega i OKK Beograd potpisali ugovor o saradnji". b92.net. Consultado o 27 July 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en serbio)